O PP emendará os orzamentos do Estado para que en 2022 se faga a rotonda de Alfonso X

LugoXa
Os concelleiros do Grupo Popular xunto cos deputados nacionais recriminaron “o pasotismo do PSOE para facer a rotonda de Alfonso X".
22 Nov 2021

Os concelleiros do Grupo Popular xunto cos deputados nacionais recriminaron hoxe “o pasotismo do PSOE para facer a rotonda de Alfonso X á altura da Nacional VI, un dos puntos negros do viarios da capital”. O voceiro popular, Ramón Carballo, acusaba á alcaldesa de faltar á verdade de forma continua aos veciños con promesas falsas de que “axilizaría esta obra”. Pola súa banda, os deputados nacionais, Jaime Olano e Joaquín García, lamentaron “o nulo compromiso do goberno de Sánchez con esta infraestructura tal e como se demostra co feito de que non se destina nin un so euro para a súa construción nos Presupostos Xerais do Estado para 2022”.

García Díez reflexionaba “pasaron do olvido ao engano” lembrando “o despregamento de autoridades socialistas, este mesmo verán, para presentar a obra que nunca chega” mentres Ramón Carballo manifestou que “despois de varios anos nos que Lara Méndez evitou por todos os medios ceder os terreos precisos para a construción desta infraestrutura, a presión exercida dende o Partido Popular deu os seus froitos cando a rexedora asinou a cesión dos terreos en xuño deste ano. Semella que sería o último paso antes de que a rotonda de Alfonso X fóra unha realidade, pero o certo é que o PSOE, agora dende o goberno central, segue a dinamitar esta infraestrutura”.

Carballo pregúntase “onde quedou o compromiso da alcaldesa de que antes do remate deste ano xa se verían avances na licitación da obra?”. O voceiro popular reflexionaba “sen unha partida orzamentaria para construír a rotonda nada se pode licitar” criticando “o silencio cómplice da alcaldesa que perdeu o seu espírito reivindicativo que si mantén firme cando se trata de reclamar á Xunta”.

Os deputados nacionaldes do PP indicaron que nos orzamentos dos últimos anos sempre se destinou unha partida para a construción da rotonda, pero non se materializou pola falta de terreos e, agora que está todo a disposición do goberno central, “é Pedro Sánchez o que boicotea a súa construción”.

Os deputados lucenses, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, anunciaron que “á vista deste despropósito” presentou unha emenda de modificación ao proxecto de orzamentos do estado para que se destine unha partida para construir esta infraestructura e mellorar a seguridade vial deste punto negro en Lugo. Os deputados tamén rexistraron unha nova batería de preguntas co obxecto de coñecer “se mantén o goberno o compromiso da execución desta obra de maneira inmediata e con que partida orzamentaria se abordaría”.

0.20007395744324