O PP fala de abandono do PIT López Mella e o Goberno di que están preparando os cursos

LugoXa
O PP denuncia que “por falta de previsión do bigoberno se paralizaron os cursos de educación vial do Parque de tráfico López Mella.
parque infantil trafico frigsa lugo
30 Ago 2023

O PP denuncia que “por falta de previsión do bigoberno se paralizaron os cursos de educación vial do Parque de tráfico López Mella.

O vicevocerio popular Enrique Rozas indicou que “é a primeira vez en 27 anos que se suspenden as actividades divulgativas e as prácticas deste circuito que no seu día foi modélico e unha referencia a nivel de toda España”.

“A estas alturas nos centros educativos ainda non recibiron información do programa de seguridade vial polo que a celebración dos cursos deste ano sigue no aire”

Afirman que 2.000 alumnos de Lugo poderían quedar outro ano máis os sen cursos prácticos e teóricos de educación vial e alertan que “a falta de previsión do bigoberno podería pór en risco as clases para este curso escolar”.

O vicevoceiro popular explica que “dende decembro que se xubiliou o encargado do Parque Infantil Lopez Mella suspendéronse as actividades divulgativas que se levaban impartindo dende hai 27 anos de forma ininterrompida”.

"As últimas actividades desenvoltas polo goberno local en materia e seguridade vial impulsadas dende estas instalacións foron as clases teóricas que se impartiron no primeiro trimestre do pasado curso escolar (ano 2022) nos centros educativos que estaban inscritos no programa municipal", conclúen.

RESPOSTA DO GOBERNO

Pola súa banda, o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas afirmou, ante as declaracións do Partido Popular, que o Goberno de Lugo está a traballar na organización dos cursos de seguridade viaria no Parque Infantil de Tráfico de cara ao curso 2023-24.

“O Partido Popular quere que os centros de ensino teñan información dos cursos antes de que comece o curso escolar, cando estes cursos se realizan ao comezar o bo tempo”, afirmou o edil de Educación.

Rivas explicou que as concellerías de Educación e Persoal están a traballar de xeito conxunto para garantir a cobertura do persoal do PIT, “trátase dunha praza moi específica, polo que a súa cobertura é máis complexa que outros postos do Concello”, explicou Rivas.

HISTORIA PARQUE LÓPEZ MELLA

Esta infraestructura fíxose cun goberno do Partido Popular, sendo alcalde Tomás Notario, e entrou en funcionamento no curso escolar do ano 1995-1996 con Joaquín García Díez.

O parque López Mella foi unha referencia a nivel estatal e foi un exemplo de dotación modélica “de feito a DGT remitía aos concellos que querían facer dotacións deste tipo no seu municipio para que se asesorasen e o tomasen como modelo”
Enrique Rozas lamenta o desprezo do bigoberno cara a estas instalación que alcanzoron un nivel de excepción xa que foi escollida ata en dúas ocasións para a celebración de dous campionatos de España de seguridade vial.

De feito houbo algún ano en mandato de Orozco que se aceptou a proposta do PP para cubrir a zona onde se fan prácticas de condución para que se puidera utilizar todo o ano e tamén sempre houbo unha excelente colaboración coa Jefatura Provincial de Lugo que ofrecía un soporte importante para a celebración dos cursos incluso con entrega de material.

0.18183207511902