O PP impulsará medidas para posicionar Lugo como destino de rodaxes
Elena Candia destacou a forza do sector audiovisual da provincia que conta “con grandes profesionais” e comprometeuse “a impulsar medidas para apoiar o desenvolvemento destas empresas que están moi presentes no tecido cultural e empresarial de Lugo”
Un dos desafíos para o desenvolvemento do sector é o de posicionar Lugo como unha cidade amiga para o audiovisual e que sexa un destino de rodaxes audiovisuais. Tanto a candidata do PP coma o Secretario Xeral de Política Lingüística ratificaron o seu compromiso co sector manifestando que “arranca un proxecto ilusionante que agardamos acade grandes retos”.
Pola súa banda, dende a Asociación de Produtoras Independentes de Lugo manifestaron “estar ilusionados e agradecidos co apoio institucional recibido por parte do goberno galego”. En APRIL reúnense unha trintena de profesionais da provincia no que están guionistas, técnicos, produtores, operadores de dron, expertos en márketing e tamén docentes de imaxe e son.