O PP inicia unha recollida de firmas para solicitar unha solución ao problema de estacionamento en Fontiñas

LugoXa
O PP inicia unha campaña de recollida de sinaturas  para “solicitar ao Concello unha solución ao problema de estacionamento da Rolda das Fontiñas”.
Recollida firmas pp fontiñas
8 Ago 2023

O PP inicia unha campaña de recollida de sinaturas  para “solicitar ao Concello unha solución ao problema de estacionamento da Rolda das Fontiñas”. 

Segundo o PP esta campaña conta con “con moi boa acollida por partes dos veciños que tamén inciden no perigo e a falta de seguridade que supón a colocación dos colectores de lixo na proximidade dos pasos de peóns, xa que limitan a visibilidade, especialmente para aquelas persoas con problemas de mobilidade que dependen de cadeiras de rodas para os seus desprazamentos”.

“O Concello de Lugo dispón de parcelas na Rúa Primavera que cunha pequena inversión poderían albergar un aparcadoiro disuasorio. De feito, xa están sendo empregadas por parte dos veciños con esta finalidade, pero sen estar dotadas das condicións óptimas para o mesmo. Compre eliminar a edificación que existe nas mesmas e acondicionar os terreos para que podan dar este servicio con todas as garantías” afirman dende o PP. 

Así o Grupo Municipal Popular presentará “unha iniciativa en comisión para que se modifique a ubicación dos mesmos a zonas máis alonxadas dos pasos peonís, para garantir a visibilidade e a seguridade dos usuarios da vía”.

Recollida firmas pp fontiñas
0.076039791107178