O PP insiste na cesión dun tramo da N-VI en Nadela

LugoXa
O PP insiste ao bipartito que axilice os trámites co goberno central para a cesión da N-VI en Nadela.
entrada nadela lugo
2 Out 2023

O PP insiste ao bipartito que axilice os trámites co goberno central para a cesión da N-VI en Nadela. Enrique Rozas lembra que PSOE e BNG levan décadas con esta xestión que permitiría humanizar esta zona "para o disfrute da veciñanza".

No último pleno, a preguntas do PP, o bipartito confirmou que a cesión, por parte do goberno central, dun treito da N-VI ao seu paso polo núcleo "segue no mesmo punto que hai anos", din.

Os populares insisten que “hai darlle un tratamento urbano a este tramo” e lamentan que socialistas e nacionalistas se olviden desta zona e que disculpen a súa incapacidade “con excusas peregrinas”.

Os populares lembran que a promesa da época do alcalde Orozco foi a de humanizar e convertir esta vía na rúa da Raíña reflexionando que as palabras deste cargo socialista “foron un brinde ao sol”.

Enrique Rozas reflexiona “a situación non mellorou moito xa que na actualidade os motivos cos que argumentan o retraso nesta xestión foron “pola pandemia e porque o goberno actual de Madrid está en funcións”

OUTRAS PROPOSTAS

Na xuntanza que o Grupo Popular mantivo cos veciños deste núcleo solicitaron que se estude a posibilidade de pechar algún dos cobertizos do campo da feira de xeito que poidan ser empregados como local social. Tamén reclamaron mellorar a iluminación da rotonda de Nadela ou a limpeza do campo da feira entre outras cuestións

0.19739103317261