O PP lugués presentará catro mocións ao Pleno deste xoves

LugoXa
O PP de Lugo leva ao pleno deste xoves 4 proposicións centradas en mellorar a seguridade, apoiar ao sector primario das 54 parroquias de Lugo e avanzar en infraestruturas que están bloqueadas "pola falta de xestión do goberno local".
pp de lugo
24 Xan 2024

O PP de Lugo leva ao pleno deste xoves 4 proposicións centradas en mellorar a seguridade, apoiar ao sector primario das 54 parroquias de Lugo e avanzar en infraestruturas que están bloqueadas "pola falta de xestión do goberno local".

"A seguridade é una das nosas prioridades e por iso neste pleno se presentan dúas iniciativas para dárlles máis tranquilidade e confianza á veciñanza", explican. Por un lado reclaman que se aprobe unha ordenanza da convivencia que atalle problemas de entendemento veciñal, actuacións de gorrillas ou agresións ao patrimonio. Esta normativa se complementaría con outras medidas como a instalación de cámaras de videovixilancia para mellorar a seguridade das persoas e evitar atentados contra o patrimonio así como montar dispositivos de vixilancia policial en zonas sensibles do municipio.

A segunda iniciativa relacionada coa seguridade é solicitar que se mellore o alumeado en distintas zonas de Lugo. O punto de acordo é esixir ao Ministerio que mellore a iluminación nos diferentes accesos á cidade, así como rotondas e demais puntos da súa titularidade para garantir a seguridade viaria e tamén se solicita que o Goberno municipal incremente a iluminación nas zonas con deficiencias que son da súa competencia.

UN RURAL MODERNO

A terceira iniciativa busca apoiar a actividade do sector primario con estímulos económicos que se materializarían a través dun plan de ordenación do territorio mediante o sistema de permutas.

A idea é promover, en colaboración co GDR da comarca de Lugo, a divulgación da ferramenta de permutas nas parroquias do Concello onde as actividades gandeiras, agrícolas ou forestais conforman o seu motor económico. Propoñen habilitar unha liña de subvencións cunha partida orzamentaria de 25.000 euros para sufragar parcialmente os custos que os titulares dos predios interesados en participar no programa de permutas voluntarias poidan ter relacionados coa formalización de escrituras, gastos de xestión, impostos, etc.

Tamén queren incentivar a agregación de terreos, co obxectivo de favorecer a competitividade do sector primario mediante a aplicación de bonificacións en taxas e impostos, como plusvalías, taxas para a tramitación de licenzas, proxectos técnicos, etc., facilitando a obtención de terreos de maior extensión e mellorando a competitividade para os sectores gandeiro, agrícola e forestal."

"Queremos que os lucenses poidan disfrutar este verán da praia fluvial e dado a falta de posicionamento claro sobre a situación e o futuro da praia fluvial de Lugo, é dado que é un proxecto no que deben intervir varias administracións, solicitamos a creación dunha mesa de traballo onde se valore retomar a instalación desta dotación na contorna de Los Robles co obxectivo de acadar esta infraestrutura coa maior brevidade posible", rematan.

0.19240212440491