O PP mostra a súa preocupación polo custe real da zona de baño público do Miño

LugoXa
El PP muestra su preocupación por el coste real que va a suponer el mantenimiento de la zona de baño pública del río Miño.
30 Jan 2022

O Partido Popular advirte que “as 6 pozas de auga da billa que está construíndo a alcaldesa de Lugo á beira do Miño vannos saír moi caras aos lucenses”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “a estimación que fixemos para climatizar estas pozas apunta a que teremos que pagar unha factura anual de luz de 100.000 euros”. Esta cifra calculárona logo de consultar a expertos nesta materia e en base á potencia de 140.000 watios que, segundo o proxecto, será necesaria para quentar a auga destas pozas.

Á vista deste dato, o vicevoceiro popular Antonio Ameijide, ademais de considerar un “despilfarro o millón de euros que se destina a estas bañeiras colectivas”, afirma que o seu mantemento futuro suporá un novo lastre para a economía local. “Aos 100.000 euros de luz hai que sumar outros 300.000 ou 400.000 euros para contratar ao persoal, a limpeza, seguridade, mantemento da zona verde e seguros” matizando que “se se deciden por privatizar a súa xestión tamén haberá que asumir o sobrecuste do beneficio empresarial que obterá a empresa”.

Os populares tamén cuestionaron o “espírito verde desta infraestrutura” xa que “nunha zona fría como é Lugo a climatización por aerotermia neste tipo de infraestruturas é máis que cuestionable” e apuntan que “será necesario tirar exclusivamente de electricidade o que suporá unha factura importante de mantemento a final de cada mes”. Ameijide razoaba que “maquillar de ecolóxico este proxecto ou vendelo como outro eslavón do Green Vancouver de Lugo supón unha nova tomadura de pelo aos veciños e veciñas lucenses”. Para o vicevoceiro popular “estamos diante doutra proba máis de que as pozas do Miño son un proxecto sen sentido” e demostran que “Lara Méndez non coñece Lugo, e tira os cartos de todos que se poderían empregar en montar unha praia pública gratuíta no Miño para toda a veciñanza”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18576693534851