O PP organiza unha camiñata reivindicativa e aberta á cidadanía para poñer en valor o cinto verde de Lugo

LugoXa
O PP organiza unha andaina aberta á cidadanía para poñer en valor o cinto verde de Lugo construído polo goberno do PP, reclamar a unión dos parques do Miño e do Rato e animar aos gobernos do Concello e a Deputación a impulsar un plan integral para mellorar o seu mantemento.
fábrica luz lugo
6 Maio 2024

O PP organiza unha andaina aberta á cidadanía para poñer en valor o cinto verde de Lugo construído polo goberno do PP, reclamar a unión dos parques do Miño e do Rato e animar aos gobernos do Concello e a Deputación a impulsar un plan integral para mellorar o seu mantemento. Este acto lúdico reivindicativo terá lugar o próximo venres 10 de maio con saída a partir das 16.30 no aparcamento do Pazo dos Deportes.

A ruta de 4 quilómetros, aproximadamente, busca evitar a decadencia de zonas que teñen unha riqueza paisaxística moi importante. Os populares puntualizan que “o percorrido que se escolle céntrase nunha zona que necesita melloras pero o abandono é xeralizado nos restantes tramos do Paseo do Miño”. Antonio Ameijide explicou que “en 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non se fixo nin un só metro cadrado do cinto verde de Lugo” recriminándolles a PSOE e BNG a pouca dilixencia do bigoberno á hora de manter en boas condición os paseos periurbanos de Lugo”.

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o voceiro provincial Antonio Ameijide contrapuxeron “o falso ecoloxismo de PSOE e BNG, que descoidaron estes paseos que herdaron hai 25 anos en perfecto estado, mentres que reclaman a visión do PP de consolidar o cinto verde como un reclamo da cidade para poñer en valor o Miño”

Os populares invitan a todos os grupos políticos a sumarse a esta camiñata: “Están moi cómodos reivindicando con caravanas melloras nas estradas nacionais pero, gobernar non é só poñer deberes aos outros, tamén hai que afrontar e resolver os problemas no ámbito do que son responsables, onde cobran e onde ostentan goberno aínda que non gañaran”.

0.19758415222168