O PP organiza unha charla aberta sobre seguridade en espazos públicos e cohesión social o día 28

LugoXa
Mostrarase unha perspectiva global dende a seguridade ao social, pasando pola problemática da vivenda; así como falar dos desafíos aos que se enfronta o barrio
pp-milagrosa
23 Apr 2025

Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular e colaboradores do distrito catro comenzaron a visitar o barrio da Milagrosa para informar a veciños e comerciantes da charla aberta sobre seguridade en espazos públicos e cohesión social organizada polo PP no local social da Igrexa parroquial da Milagrosa para o próximo luns, 28 de abril.

Esta iniciativa enmárcase no proceso de escoita activa permanente por parte dos populares e coma resposta as preocupacións da veciñanza da zona da Milagrosa, entre as que tamén están a necesidade de rehabilitar o barrio, o apoio ao comercio e a inserción laboral.

No acto participarán o excomisario da Policía Autonómica, Javier Amigo, o ex oficial da Policía Local, Benito Martínez, o avogado Raúl Pérez e a directora xerente de FUNGA, Eloína Injerto, tentando amosar una perspectiva global dende a seguridade ao social, pasando pola problemática da vivenda; así como falar dos desafíos aos que se enfronta o barrio.

Ademais, dentro dos actos previstos na axenda do Grupo Municipal Popular, este venres, 25 de abril, de 17.00 a 20.00 horas, tamén se celebra o Espazo Infantil na praza de Alacante, no que os máis pequenos contarán con inchables, obradoiros de maquillaxe e xogos tradicionais, unha iniciativa que tivo que pospoñerse por mor da chuvia e que se extenderá a outros distritos da cidade.

Tanto as accións lúdicas como os espazos de debate “nacen do contacto directo coa xente, responden a demandas reais e procuran dar visibilidade aos temas que preocupan a Lugo”.

⚙ Configurar cookies
0.17058396339417