O PP pedirá ao Concello de Lugo humanizar un treito da N-VI
O PP no Concello de Lugo pedirá, no vindeiro pleno, unha “actuación prioritaria” para Lugo. Trátase da humanización da porta de entrada a Lugo pola Nacional VI.
Un treito dun quilómetro e medio que transcorre entre o acceso á avenida de Madrid, ata a ponte Branca. E para o que o Concello de Lugo deberá “facer as xestións necesarias” co Goberno do Estado para pedir a cesión deste treito de vía.
Os populares explican que “unha vez conseguida a súa titulariedade se debería planificar unha actuación integral con cargo aos fondos europeos de recuperación”. O voceiro popular Ramón Carballo explicou que o obxectivo desta iniciativa “é convertir o quilómetro e medio da Nacional VI, nunha vía urbana co ánimo de mellorar a seguridade vial, impulsar a movilidade sostible e facer cidade”.
O voceiro popular, Ramón Carballo, avanzou que “será necesario identificar os puntos onde é necesario intervir para presentar unha proposta de actuación que daría continuidade ás intervencións que, dentro da estratexia DUSI, está a levar a cabo o Concello de Lugo na zona do Anxo Carro e o barrio da Ponte”.
O popular explicou que “este é o momento de abordar este proxecto porque tamén está previsto que, por fin, o Ministerio faga a rotonda da Nacional VI á altura de Alfonso X”. “Debemos ser ambiciosos e ter unha perspectiva global para evitar a política de parches á que nos ten tan acostumado este goberno que só traballa a golpe de eleccións”.
Para Carballo “o feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre pola cidade permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno para o disfrute dos cidadáns”.
“Estamos falando dun treito que cada vez absorve máis vehículos, neste momento estamos a falar dunha vía máis da cidade na que o 80% do tráfico é interior, é dicir de vehículos cuxo traxecto comeza e finaliza na cidade.