O PP pedirá explicacións en comisión sobre a adhesión de Lugo no protocolo VioGén

LugoXa
El PP pedirá explicaciones en comisión sobre la adhesión de Lugo en el protocolo VioGén, el programa contra los malos tratos.
3 Feb 2022

O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo, responsable directa da Policía Local, que ordene a firma inmediata da adhesión ao programa VioGén contra os malos tratos que promove o Ministerio do Interior desde o ano 2017.

A concelleira popular, que presentou infinitas peticións sobre a situación deste protocolo, e que tamén se queixou de que Lugo é a única gran cidade de Galicia que non priorizou participar neste protocolo lamenta que empecemos o 2022 sen noticias e sen prazos sobre o VioGén. “Levamos un atraso de 3 anos e á alcaldesa acabáronselle as escusas” explicou, engadindo que “primeiro nos dixeron que os funcionarios estaban saturados, poñéndoos como desculpa; segundo, que a demora era pola covid e, en terceiro lugar, déronse conta da necesidade de formar aos axentes da Policía Local”. Macamen López Silva indica que esa formación xa se fixo o pasado mes de xuño e que desde entón non hai ningún avance. “Parece que os señores do goberno de esquerdas só se acordan dos malos tratos cando son datas sinaladas. Moito nos tememos que a tramitación para sumarse ao VioGén segue estancada, aínda que oxalá nos equivoquemos” resumía a concelleira popular.

“Esta non é a única ferramenta do ámbito municipal que o Concello de Lugo despreza xa que tampouco demostrou ningún interese en sumarse á Rede Galega contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia” continúa.

Por este motivo a popular pedirá explicacións en comisión sobre “canto tempo vai tardar a alcaldesa en ordenar que Lugo se una ao sistema de VioGén, de seguimento da violencia machista” e tamén quere saber “cales son os motivos do atraso de dar cumprimento a un acordo de pleno no que todos os grupos deron o visto e prace”.

0.19643402099609