O PP pedirá no pleno que se reforce a accesibilidade das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida

LugoXa
O PP pedirá ao pleno que Lugo reforce a accesibilidade e mellore a rede de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida
Aparcadoiro
21 Oct 2022

O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá no pleno deste mes "a elaboración dun planeamento de accesibilidade da cidade, tomando en consideración as prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida, incrementando o  número das mesmas e facilitando información en tempo real da súa localización e dispoñibilidade a través dunha APP".

Explica Macamen López que "esta iniciativa ten moita importancia, xa que cómpre facilitar a localización das mesmas e a súa correcta identificación non so para os lucenses que precisen facer uso delas, senón para fomentar a acollida de visitantes e turistas facilitando mapas que indiquen as zonas de aparcadoiro, facendo especial fincapé na localización das prazas para persoas de mobilidade reducida, polo que se podería considerar a posibilidade de incluír esta información en plataformas de mapas online e navegadores".

Incluso, indica a concelleira popular, "debería considerarse facer un estudo da accesibilidade destas prazas de aparcadoiro, garantindo en todo momento o uso por parte das persoas usuarias das mesmas e buscando aquelas localizacións máis axeitadas para estas persoas". A mobilidade sostible implica a mellora de calidade de vida urbana, algo que se pode lograr "a través do aumento planificado dos servizos básicos para a poboación, mellorando as condicións de habitabilidade, acadando, en definitiva, a redución dos efectos adversos do crecemento urbano e logrando a sustentabilidade social, é dicir, garantindo a equidade, a autonomía, a comunicación social e a igualdade entre todas as persoas".

Para Macamen López "é o momento de avanzar a unha mobilidade accesible en Lugo. Non son precisos proxectos excesivamente ambiciosos, simplemente un planeamento estudiado minuciosamente con planeamentos que permitan avanzar progresivamente pola senda da accesibilidade de xeito que non quede ninguén polo camiño do desenvolvemento urbano".

Un claro exemplo dunha actuación necesaria na cidade "son as prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida, que deberían ser de uso exclusivo para estas persoas, pero este colectivo non só se atopa con problemas a diario co uso inadecuado das mesmas, senón que en moitas ocasión estas prazas presentan problemas de accesibilidade que fan moi complicado o seu uso por parte dos usuarios, as veces incluso por descoñecemento da súa localización".

Para facilitar a estas persoas o aparcamento "e con isto facer a nosa cidade atractiva e cómoda para este colectivo de persoas, faise preciso ampliar o número de prazas de aparcadoiro dispoñibles, pero tamén a mellora da sinalización das mesmas de cara a facilitar a súa localización e uso".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19263505935669