O PP pide a eliminación dun muro perigoso nunha parcela municipal de Abella

LugoXa
O PP pide a eliminación dun muro perigoso nunha parcela municipal de Abella no entorno do novo centro social
FOTO Solar municipal Abella PP
22 Mar 2023

O Partido Popular recolle a demanda dalgúns veciños de Abella que piden que "o goberno local mellore a imaxe do entorno do novo centro social".

"Na parte traseira deste centro, na rúa Fábrica de Abella hai un solar municipal que ten un muro nun dos laterais. Este muro semella ser inestable e perigoso, xa que na súa parte superior conta con numerosos vidros rotos pegados, o que aumenta o perigo" declaran os populares.

Antonio Ameijide faise así eco das queixas dos veciños e declara que "non entenden como a inauguración do novo centro social do barrio non vai parella da adecuación desta parcela municipal, duns 1.000 m2, na que se podería crear unha zona verde de ocio e esparcemento para un dos barrios nos que menos dotacións se crearon nos 24 anos de gobernos socialistas e nacionalistas en Lugo".

No PP tamén preguntarán pola "situación do solar do antigo matadoiro de Abella na que hai varios pozos abertos". Os populares informan que según os  veciños "trátase dun solar empregado para aparcar, como zona de paso ou para xogar polo que o perigo é evidente para calquera que pase pola zona”

0.090859174728394