O PP pide a Lara Méndez a volta dos plenos presenciais

LugoXa
O Grupo Popular presentará un rogo no próximo pleno para recuperar a presencialidad do pleno municipal e as comisións.
27 sep 2021

O Grupo Popular de Lugo presentará un rogo no próximo pleno para recuperar a presencialidad do pleno municipal así como das distintas comisións que se celebran no Concello de Lugo. Os populares queren que se recuperen as sesións no salón de plenos tal e como está a suceder en todos os concellos das grandes cidades de Galicia remarcando como “mesmo, nalgún deles, utilizan desde o principio da pandemia a fórmula de sesións onde só asisten os concelleiros que interveñen para presentar e defender as súas proposicións”.

Lembran que na Coruña o pleno é presencial e asiste toda a corporación. En Ferrol hai pleno semipresencial coa metade de concelleiras, os que interveñen no pleno, e os outros de maneira telemática.

En Ourense tamén pleno presencial que se celebra no auditorio. En Pontevedra o pleno é presencial e ofrécese asistir de forma telemática. En Vigo hai pleno semipresencial, só van ao salón de plenos os voceiros.

En Santiago o pleno é semipresencial con só un concelleiro por cada grupo no salón de plenos.

Ramón Carballo conclúe que o salón de sesións ten unhas dimensións e características que cumpren as medidas sanitarias esixidas neste momento por Sanidade para acoller as sesións presenciais dos plenos.

0.19828295707703