O PP pide acceso ao expediente de xestión a Tragsa tras as queixas dos traballadores

LugoXa
Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán acceso ao expediente das encomendas de xestión a Tragsa para comprobar os traballos encargados
Pleno-Extraordinario-TRAGSA-abril-2022-
23 Xuño 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán acceso ao expediente das encomendas de xestión a Tragsa para comprobar os traballos encargados a esta empresa e os realizados despois de recibir varias queixas dos traballadores. Os populares explican que queren realizar varias comprobacións despois dever como  os traballadores amosaron o seu malestar por ter que realizar tarefas, segundo eles mesmos explican, que son de alta perigosidade.

“Neste senso queremos comprobar que todo está en orde ademais de revisar se estes traballadores están cualificados para realizar estes traballos e que se garanten todas as medidas de seguridade necesarias”, sinalan. Para os populares “é estraño e curioso” que xurdan novas queixas en torno aos traballos que o goberno provincial de PSOE e BNG encomenda a esta empresa polo que se revisará exhaustivamente toda a documentación.

0.19746208190918