O PP pide alternativas para reorientar o uso das Caldas do Miño

LugoXa
Os populares cualifican o proxecto de "fracasado" tras peches intermitentes e esixen prioridade ás políticas sociais fronte a investimentos polémicos
PP-de-Lugo
16 Jan 2026

O Partido Popular de Lugo anunciou que levará ao pleno municipal unha iniciativa para que o goberno local estudie alternativas que permitan reorientar o uso das Caldas do Miño de maneira compatible coa normativa europea, co obxectivo de evitar que esta infraestrutura continúe sendo un espazo "infrautilizado e custoso" para a veciñanza.

Os populares lembraron que nas Caldas do Miño derrocháronse 1.400.000 euros, dos cales 923.621 euros corresponden á súa construción e 400.000 euros ao mantemento. Segundo o PP, trátase dun proxecto fracasado, xa que dende a súa inauguración en marzo de 2023 sufriron peches intermitentes, de xeito que dos case tres anos que levan abertas, permaneceron pechadas aproximadamente un ano.

O partido insistiu na necesidade de rendibilizar o gasto realizado nesta infraestrutura e reclamou ao goberno local un uso eficiente e responsable dos recursos públicos. Ademais, sinalaron que diante da convocatoria do Novo Norte, non se deben repetir erros cometidos con proxectos como as Caldas, o Carril Bici ou o Impulso Verde.

Durante a comparecencia, o PP tamén criticou que o goberno local realizase modificacións orzamentarias mediante transferencias de crédito a pesar de non existir orzamentos municipais aprobados, reducindo case un millón de euros dos fondos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para financiar medidas tecnolóxicas asociadas ao control de accesos da Zona de Baixas Emisións (ZBE) no casco histórico. Ao respecto, os populares manifestaron: “Non compartimos que se priorice recortar fondos para as persoas en situación de necesidade para pagar unhas cámaras de control de tráfico”.

⚙ Configurar cookies
0.084336042404175