O PP pide ao Concello que se dé alternativas de aparcamento aos veciños do centro
O Partido Popular de Lugo solicita ao Concello alternativas para aparcar os vehículos dos veciños que residen no casco histórico e que teñen bloqueados os seus garaxes polas obras. Explican que “unha vez máis e coma sempre son os lucenses os que pagan as consecuencias da improvisación do bipartito nuns traballos nos que houbo unha falta de planficación e desinformación dende o primeiro momento”.
O vicevocerio popular explicou que “se ben é comprensible que nunhas obras desta magnitude haxa molestias, o que non se poden permitir é que da noite á mañá advirtan en determinados edificios que se lles vai impedir o acceso aos seus garaxes”.
De momento so se bloqueou a entrada a un edificio na Praza do Ferrol pero “moito nos tememos que, nos próximos meses, veñan moitos outros avisos noutras zonas do recinto amurallado polo que se multiplicarían os veciños afectados.
Enrique Rozas solicitou que o concello negocie con parkings das inmediacións da Praza do Ferrol bonos gratuítos durante o tempo no que o acceso esté bloqueado.