O PP pide ao concello recuperar para os peóns o paseo interior da Muralla no tramo entre a Catedral e Porta Miñá

LugoXa
O PP pide ao goberno que tome as medidas necesarias para abrir o tramo do paseo interior da muralla á altura do Vicerectorado
Paseo portada
29 Ago 2022

O vicevoceiro do PP, Antonio Ameijide, pide ao goberno que tome as medidas necesarias para abrir o tramo do paseo interior da muralla á altura do Vicerectorado. “Dende hai anos non podemos utilizar o tramo que vai dende a Catedral ata Porta Miñá xa que “un edificio en ruínas cunha estructura metálica e unha valla corta o paso do Paseo Interior”.

Ameijide avanzou que presentarán un rogo para que o goberno local se faga cargo e busque a fórmula que sexa máis convinte para que se volva a abrir esta zona aos peóns. Dende o PP apungan que “para algúns negocios de hostalaría que se acaban de abrir neste entorno esta sería a súa entrada principal”.

Os populares explican que as actuacións de peonalizacións na cidade deben ir acompañadas por un mantemento axeitado dos pavimentos así como dunha limpeza en profundidade. Nesta zona zona abundan as pintadas en fachadas, portas e o aspecto ten moito que mellorar.

Os populares lamentan que o bipartito perdese a oportunidade de dedicar fondos europeos para esta intervención que además suporía un “bo reclamo turístico e afianzaría a presentación do casco histórico de Lugo a optar ao recoñecemento de Patrimonio da Humanidade”. O PSOE e o BNG que teñen dous proxectos diferentes de cidade prefiren gastalo en intervencións absurdas como as caldas de auga do grifo quentada cun quentador ou un carril bici cun trazado absurdo.

0.22144794464111