O PP pide ao Goberno local que clarifique o que vai pasar coa praia fluvial do Miño

LugoXa
O PP pide explicacións sobre o futuro da praia fluvial do Miño indicando que resulta chamativo que “unha vez coñecido o informe do Comité Científico da Unesco, que se opón á colocación de piscinas flotantes no Miño, o goberno local dé a calada por resposta”.
Simulacion da Plataforma de Bano Publica I
13 Dec 2023

O PP pide explicacións sobre o futuro da praia fluvial do Miño indicando que resulta chamativo que “unha vez coñecido o informe do Comité Científico da Unesco, que se opón á colocación de piscinas flotantes no Miño, o goberno local dé a calada por resposta”.

Lembran que este organismo europeo emitiu un informe cuestionando que se faga a zona de baño público de Lugo no lugar elixido e nas condicións establecidas polo goberno local.

"Ante o silencio de PSOE e BNG sobre este proxecto os populares anuncian que pedirán información sobre que teñen previsto facer socialistas e nacionalistas para que os lucenses non volvan a pasar outro verán máis sen praia fluvial", din.

A estas alturas, logo de anos con promesas incumpridas consideran que “os lucenses merecen que se clarifique que van a facer para que a cidadanía de Lugo teña na maior brevidade unha zona de baño pública segura”.

Os populares vén "surrealista" que se instalase hai máis dun ano (agosto de 2022) o mobiliario vinculado á praia fluvial indicando que a presenza destes elementos “o único que certifica é a incompetencia da alcaldesa á hora de xestionar esta zona de baño pública”.

0.19971704483032