O PP pide cambiar a dotacional unha parcela pública no Castiñeiro
O PP, tras unha xuntanza cos veciños do Castiñeiro, propón "máis servizos no barrio cambiando a dotacional unha parcela pública". Antonio Ameijide explica que se realiza esta petición ao pleno" tras manter unha xuntanza cuns 60 representantes de comunidades de veciños, asociacións do barrio do Castiñeiro e membros da Plataforma Norte na que pediron que nesas parcelas se habiliten novas dotacións para o barrio".
Antonio Ameijide sinala que "é necesario acometer este cambio xa que o Castiñeiro é un dos barrios máis abandonados por parte dos gobernos nos últimos 24 anos que teñen o seu mellor exemplo en como os gobernos socialistas e nacionalistas non implantaron servizos no barrio e deixaron morrer o centro comercial de Abella".
Os populares coinciden cos veciños do barrio na "necesidade de prover á zona de máis dotacións e espazos para nenos e maiores favorecendo a conciliación laboral e familiar", proposta que se comprometen a desenvolver "a partir de maio".
Ameijide explica que "as parcelas sobre nas que se pide o cambio proxectáranse inicialmente vivendas de promoción pública que serán unha realidade pero noutra localización".