O PP pide medidas ante a “falta de seguridade” do tramo da A8 no Fiouco

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Os senadores do Partido Popular de Lugo forzarán ao Goberno de Pedro Sánchez a dar explicacións urxentes sobre as medidas que pensan adoptar
senadores-do-PP-no-Fiouco
12 Ago 2024

Os senadores do Partido Popular de Lugo forzarán ao Goberno de Pedro Sánchez a dar explicacións urxentes sobre as medidas que pensan adoptar ante as “carencias de seguridade” do treito da autovía A-8 ao seu paso polo alto do A-8. Sinalan que o accidente múltiple acontecido esta fin de semana, coincidindo cun novo episodio de néboas intensas nese punto, é unha demostración da necesidade de adoptar decisións urxentes e extremar os medios para garantir que se poida circular nese treito en condicións de seguridade e normalidade.

O Goberno non respondeu no prazo regulamentario a ningunha das preguntas escritas formuladas por José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juán Serrano, polo que o regulamento do Sendo facúltalles transformar as iniciativas en pregunta en Comisión e forzar ao Goberno a comparecer nas Cortes. Os senadores formularon unha batería de iniciativas sobre o tramo do Fiouco entre as que preguntaban polas razóns do atraso en implantar as medidas antinéboa prometidas, a incidencia das sentenzas que cuestionan a seguridade nese punto e o funcionamento do peche automatizado e as razóns polas que non se mellora o treito alternativo de circulación a N-634.

Tiñan 30 días para respondelas. Desde o PP sinalan que está demostrado que foi un erro que o Ministerio de Fomento, do que era responsable o socialista José Blanco, construíse a autovía por ese treito de alta montaña no que son habituais as condicións climatolóxicas adversas, e insta ao actual responsable do Ministerio de Transportes a tomar todas as medidas técnicas e operacionais precisas para garantir unha circulación con seguridade e non ter que lamentar novos accidentes.

0.18689393997192