O PP pide o arranxo da rúa dos Canteiros, no polígono do Ceao
O edil do PP no Concello de Lugo, Rafael Pérez, explica a situación da rúa dos Canteiros, xusto na parte traseira do polígono do Ceao, na parte que une esta zona industrial coa N-VI. “Acudimos trala chamada dos veciños e comprobamos o terrible estado que presenta esta vía”, afirma.
Durante a visita, Rafael Pérez puido constatar as "grandes dificultades" que teñen que superar os traballadores que empregan esta vía para poder realizar o seu traballo. “Vimos como incluso furgonetas teñen que conducir en zig-zag, dun lado a outro da estrada para poder circular. Está claro que iso é calquera cousa menos unha estrada en condicións”, lamentou.
Por iso, dende o Grupo Municipal Popular defenderán un rogo no pleno do xoves para que o goberno local proceda ao arranxo desta rúa.