O PP pide que o Goberno local actúe para non perder os fondos para vivenda pública en Lugo
O PP pide que o Goberno local actúe para non perder os fondos para vivenda pública en Lugo. Os populares lamentan “a falta de iniciativa e de compromiso de socialistas e nacionalistas” a pesar que, aseguran, o goberno Galego enviou, ata en catro datas diferentes, cartas á Alcaldía de Lugo solicitando este encontro.
Dende o Grupo Municipal consideran “inapropiado” que Paula Alvarellos “venda como un logro un fracaso” tendo en conta que “pasou máis dun ano e aínda non se determinou a localización de vivendas para facer a permuta de O Castiñeiro”. Sosteñen que a reunión que se desenvolveu para desbloquear a permuta de parcelas do Castiñeiro celebrouse “única e exclusivamente pola insistencia da Xunta de Galicia que leva máis dun ano poñéndose a disposición do Goberno local”.
Para os populares supón un dos exemplos máis gráficos de como xestiona o Goberno local de Lugo: “É insultante que o retraso en determinar as localizacións das vivendas e materializar a permuta”, acusando a Alvarellos “de vender como un logro un fracaso, tendo en conta que esta demora pon en risco a perda de fondos europeos”-
Os populares recriminan que PSOE e BNG ignorasen a urxencia de facer esta cesión deixando o proxecto de vivendas públicas estancado sen ningún convenio asinado e critican “a falta de iniciativa, de compromiso e de sensibilidade do Goberno local para solucionar unha das principias necesidades da cidadanía”, matizando que “este retraso pode poñer en risco os fondos europeos asignados”.