O PP pide que se arregle a cuberta e as goteiras do Pazo dos Deportes

LugoXa
Ameijide explica que un novo pavillón para Lugo é un tema “interesante e que hai que estudar con detemento”
pazo dos deportes e anexo vista aerea
17 Ago 2024

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, afirma que tanto socialistas como nacionalistas “chegan moi tarde” xa que “dende o PP levamos anos reclamando solucións” para o Pazo dos Deportes, “algunhas delas tan básicas como reparar as goteiras do teito para que no chova sobre a pista ou solucionar os problemas de climatización da instalación”. Trátase dunha serie de medidas para para evitar que see teñan que asumir novas multas por parte da ACB ao non cumprir cos requisitos mínimos esixidos para unha instalación da máxima categoría do baloncesto nacional.

A Antonio Ameijide chámalle a atención que dende o goberno da Deputación de Lugo se fale xa da construción dun novo pavillón na cidade ante a imposibilidade de aumentar o aforo do Pazo dos Deportes e as dúbidas de se esta instalación pode albergar un videomarcador central sobre a pista, entre outras necesidades.

Neste senso, explica que un novo pavillón para Lugo é un tema “interesante e que hai que estudar con detemento” xa que “non é menos certo que a anterior alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, prometeu en marzo de 2021 a construción dun novo pavillón na cidade do que aínda non se sabe nada”, unha instalación cunhas dimensións moito máis pequenas ás que agora fan referencia PSOE e BNG dende a Deputación.

Neste eido, “tamén é curioso” que dende o goberno provincial sinalen que debe ser a Xunta de Galicia a que lidere a construción desta instalación ao tempo que indican que “non falaron con esta administración”. “A realidade é que PSOE e BNG comprometeron (a iniciativa do Grupo Municipal do PP) en marzo de 2021 un novo pavillón para a cidade, para o cal teñen o compromiso de colaboración da Xunta de Galicia e do que no Concello de Lugo non hai nin proxecto nin un só papel de cando e onde se vai a facer”, explicou.

“Antes de comprometer pavillóns máis grandes e modernos, o que deberían de facer PSOE e BNG é cumprir cos compromisos adquiridos en lugar de tentar enganar ou manipular aos lucenses falando de posibles proxectos que á hora da verdade nunca chegan”, sentenciou..

0.19748592376709