O PP pide que se instalen os novos sistemas antinéboa no tramo do Fiouco na A-8

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O PP di que a resposta do Goberno sobre a seguridade no tramo do Fiouco na A-8 “déixanos máis preocupados”
o-fiouco-sistema-antineboa-pp
Membros do PP diante dos sistema antinéboa
13 Aug 2024

As explicacións dadas polo Goberno en relación coa seguridade no tramo do Fiouco lonxe de resolver dúbidas e ofrecer tranquilidade aos condutores que circulan por ese punto da autovía do Cantábrico (A-8) “déixanos máis preocupados”. Así o aseguran os senadores populares que insisten na necesidade de que o Goberno instale sen máis retraso os novos sistemas antinéboa que xa foron testados.

Afondando nesta idea desde o PP sinalan que o feito de que o Goberno alegue que os últimos accidentes acontecidos tiveron lugar fóra do tramo balizado -é dicir, fóra do tramo no que están instaladas as balizas que avisan aos usuarios da proximidade de vehículos para manter a distancia- demostra que as zonas de intensa néboa superan o tramo balizado e, polo tanto, que agora a zona de perigo é moito maior.

Por iso, desde o PP conclúen que as medidas instaladas na actualidade son manifestamente insuficientes para garantir a seguridade. Para o PP tampouco supón un gran alivio o feito de que se reducise de xeito significativo o número de horas de peche da autovía pois sinalan que como demostra os últimos accidentes rexistrados -que segundo a Dirección Xeral de Tráfico afectou a seis e tres vehículos, con feridos graves e leves- o perigo por circular por ese tramo da A-8 persiste, sen que o Goberno faga nada”. Sobre todas estas cuestións terá que responder o Goberno no Senado a instancias dos parlamentarios lucenses, José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15969300270081