O PP pide que se poña a punto o campo de fútbol de Nadela

LugoXa
O PP pide que se poña a punto o campo de fútbol de Nadela para recuperar esta instalación municipal e desconxestionar os que están en uso
Campo fútbol Nadela pastar cabalos portada
Campo fútbol Nadela pastar cabalos portada
17 Ago 2022

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden que se mellore o mantemento do campo de fútbol municipal de Nadela xa que na actualidade esta dotación deportiva está abandonada e infrautilizada.

Os concelleiros populares aseguran que en vez dunha zona deportiva se converteu nunha zona de pasto de cabalos tal e como denuncian os veciños da zona e que comprobaron os populares ao ver como no campo “hai feces de cabalo e tamén un camiño circular arredor da instalación que ten pinta de ser un circuíto para que corran os equinos”.

Os populares explican que tendo en conta que a demanda de instalacións deportivas é superior á oferta que hai “non se entende como o goberno local non se ocupa das dependencias que ten xa que no caso de estar en boas condicións, podería poñerse a disposicións de todos os clubs deportivos da cidade e dos usuarios a título particular”.

Campo fútbol Nadela pastar cabalos
0.084284067153931