O PP pide que se unifiquen os criterios para as licenzas de Urbanismo

LugoXa
O PP propón ao Concello de Lugo que nas consultas realizadas en urbanismo para pedir licenzas de obra dean a resposta por escrito
pp lugo ramón carballo e antonio ameijide
12 Maio 2022

O Partido Popular vai presentar un rogo ao vindeiro pleno para que o Goberno local “habilite un certificado ou unha resposta por escrito na que conste o criterio que aplique o técnico que revisa o expediente dunha petición de licencia co ánimo de evitar que en sucesivos trámites o concello poida cambiar a interpretación e afectar a obra ou proxecto”.

Esta iniciativa xorde dos populares logo de que tiveran recibido “a diario” queixas de arquitectos, aparelladores, promotores ou particulares.

Así o denuncia o vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, ao indicar que “a tónica habitual en Lugo” é que os técnicos orienten sobre como facer unha obra “e te validen, de palabra, o que está permitido para logo, ao caer o expediente en mans doutro técnico, se aplique outro criterio diferente”.

Asemade, os populares, denuncian que “hai moitos casos” nos que se fai “unha interpretación diferente da normativa” segundo que tecnico o tramite.

Para Ameijide, “este baile de criterios na tramitación das licencias de obra está provocando unha inseguridade e incerteza aos cidadáns así como perdas para promotores”. O popular explica como “nun primeiro momento se lles da para diante un proxecto, tras consultar na concellalía de urbanismo os criterios necesarios para que se autorice sen problema, pero logo, coa mesma normativa en man, se lles poñen mil pegas ou se lles denega a intervención”.

Para Ameijide a alcaldesa “cos seus últimos anuncios sobre cambios na concellería de urbanismo tenta branquear a falta de dirección política” matizando que “son cambios que non entran no fondo do problema xa que segue habendo moito atraso na resolución das licenzas, moito enfado de promotores, de técnicos e de cidadáns”.

Con respecto ao último paso dado que no que se avanza “unha instrucción para dar licenza de obra con proxectos básicos sen agardar aos proxectos de execución se pregunta porque agora si e antes non” os populares anuncian que pedirán explicacións en comisión sobre “se houbo algún cambio na lexislación que permitise este cambio na tramitación e, de non habela, queren saber por que non se fixo antes esta oferta aos promotores”.

0.23118281364441