O PP pide renovar tamén os colectores de vidro

LugoXa
Tras o comezo da renovación dos colectores de lixo por parte do Concello o PP pide tamén a renovación dos de vidro
Colector vidro sen renovar
3 Feb 2023

A renovación dos colectores de lixo xa deu comezo en Lugo e dende o Partido Popular consideran esta medida "unha necesidade fundamental xa que a maior parte dos colectores do municipio estaban rotos, sen tapas, con funcionamento deficiente ou, directamente, eran restos doutros concellos" pero critican que "non se están a renovar todos os colectores, xa que os do vidro non se tocan”.

Antonio Ameijide declara  que "o goberno de Lara Méndez non está a renovar o colector verde xa que quedou fóra do contrato de renovación dos colectores (encadrado dentro do novo contrato da recollida do lixo en Lugo que ten un custo anual de 13,4M€)" e pregunta porque quedaron foran da renovación "xa que a maior parte deles están rotos ou moi deteriorados, o que está a xerar queixas naqueles barrios nos que comezou a renovación pola mala imaxe que se transmite".

Ante esta situación o PP pide ao Concello de Lugo "licitar un contrato de subministración para renovar os colectores de vidro do municipio". Ademais, o popular insta "a instalar de inmediato o 5º colector, o marrón, algo de obrigado cumprimento por parte de Europa e que serviría para certificar que o compromiso medioambiental da alcaldesa vai máis aló dunha foto ou do titular dun día”.

0.19291114807129