O PP pide solucións para facer accesible un edificio no Sagrado Corazón
LugoXa
O Partido Popular pide ao goberno local que estude solucións para facer accesible un edificio no Sagrado Corazón
11 Abr 2023
O Partido Popular declara que "os veciños dun edificio do Sagrado Corazón piden ao goberno local que estude todas as posibilidades para facer accesible o seu inmoble" que segundo informan é "unha reclamación que efectuaron ante o Concello de Lugo, por primeira vez en 2018".
O populares afirma que "os veciños piden que se busquen solucións ante os numerosos chanzos que teñen que salvar para acceder ao edificio, un inmoble no que a maior parte dos veciños superan os 65 anos de idade e hai moitas dificultades para os servizos sanitarios ou de emerxencia no caso de que teñan que realizar algún tipo de intervención no edificio".