O PP pídelle ao Goberno local que ceda os terreos para a nova comisaría da Policía Nacional en Lugo
Na última reunión balance de senadores, na que se analizaron proxectos prioritarios para Lugo, o PP anuncia que non descarta pedir un pleno extraordinario para que o Goberno local ceda os terreos necesarios para a nova Comisaría da Policía Nacional en Lugo
Esta proposta xurde logo de que tanto no Ministerio como no pleno municipal o PSOE e o BNG respondesen “con vaguedades e sen entrar no fondo nin dar datos concretos” sobre a situación do proxecto. A voceira popular explicou que hai orzamento para construír esta infraestrutura e hai un compromiso da alcaldesa do pasado mes de febreiro no que elixía como localización para construír esta infraestrutura a zona norte.
A popular desvelou que Concello e Goberno central discuten se un decreto de alcaldía é suficiente para garantir a cesión das parcelas necesarias ou, polo contrario, se precisa un acordo de pleno, de aí que hoxe puxesen sobre a mesa a petición de pedir unha sesión extraordinario. Elena Candia explicou que o Partido Popular asumiu o compromiso de liderar o impulso desta dotación lembrando as diferentes iniciativas que se presentaron de xeito coordinado tanto no Congreso, no Senado así como no pleno do concello de Lugo.