O PP pregunta cando se vai incluír Lugo no programa VioGén
O PP de Lugo afirma que ao goberno local "se lle acabaron as escusas" para tramitar a adhesión al VioGén. No pleno deste mes presentan un rogo esixindo prazos para adhesión a este protocolo de protección ás vítimas de violencia de xénero.
Aurora Goás considera “unha irresponsabilidade” que a cidade de Lugo sexa a única das sete grandes cidades galegas que aínda non se sumou a este programa de protección ás vítimas de violencia de xénero promovido polo Ministerio do Interior no ano 2017.
A popular compartiu, nun vídeo no que explica o contido dun rogo que defenderá no vindeiro pleno, unha publicación das redes sociais a Alcaldía de Marzo do Ano 2021 na que o goberno local anunciaba que estaba preparando a súa adhesión a este protocolo dando a entender que “era unha tramitación que estaba xa practicamente feita”.
A popular pregúntase “Como pode ser que vaiamos para case 3 anos e sigamos no mesmo punto?” e, por ese motivo, pide explicacións no pleno dos motivos do atraso e que se dea un prazo definitivo para que Lugo se incorpore ao VioGén.
Os populares lembran que se presentaron ata dúas proposicións no Pleno, e que obtiveron o apoio da Corporación, a maiores de numerosas preguntas e rogos en comisións lamentando que todo quedase en papel mollado.