O PP duda dos protocolos da recollida de folla e basura
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta ao goberno local por que unha empresa encargada da recollida do lixo tirou restos de botellón nunha finca de Abella e que medidas vai a tomar o goberno de Lara Méndez ante este tipo de situacións.
Antonio Ameijide pregúntase “que houbera pasado se o veciño deste barrio non pillase a este camión infraganti depositando estes desperdicios” ao que engadía “esperemos que sexa algo illado”. Para os populares este caso é grave e o achacan á falta de dirección política e á situación de alegalidade na que se presta o servizo “cun contrato caducado”. Nese senso o Grupo Municipal Popular anuncia que presentará preguntas para coñecer as explicacións dadas pola empresa e as medidas que vai a adoptar o Concello de Lugo.
Recorda o concelleiro popular que esta non é a primeira vez que a empresa da recollida do lixo se ve envolta nalgún tipo de polémica e pon como exemplo cando camións encargados da recollida do lixo e a limpeza da cidade foron vistos prestando servizos noutros municipios da provincia, como foi o caso de Ribadeo, a pesar de que se prohibe expresamente no contrato.
Para o popular, o concello é “cómplice” desta situación xa que lles recorda que o contrato de recollida do lixo caducou o 31 de marzo de 2017 e non foi quen de facer nada por regularizar o seu estado, un contrato que nos custa a todos os lucenses preto de 8 millóns de euros cada ano. “Cómpre recordar que Lara Méndez non só leva máis de catro anos mirando cara outro lado para regularizar este contrato, xa que máis dun ano antes da súa caducidade os técnicos municipais lle enviaron varios informes urxindo que se iniciasen os trámites necesarios para a licitación do novo contrato da recollida do lixo”, apuntou.
Para os populares a realidade é que a limpeza en Lugo “é un asunto totalmente abandonado” e que “preocupa” aos lucenses xa que nos últimos anos a cidade pasou aos titulares da prensa por ser a cidade máis sucia de Galicia e unha das máis sucias de España.