O PP pregunta pola tala de árbores na rúa Montevideo
O PP quere saber os motivos polos que se talaron as arbores da rúa Montevideo e piden acceso e copia do informe, se é que o houbese, que xustifique esta corta. Dende o PP solicitan transparencia na información á cidadanía e piden explicacións sobre se se realizou unha análise, árbore a árbore desta rúa, para comprobar as alternativas viables para non ter que eliminalos.
Explican que veciños da zona que asistiron á xuntanza informativa organizada polo concello aseguran que se lles dixo que “as árbores da rúa Montevideo non se ían cortar e que se respectarían”.
O argumento de que enfermaron, "precisamente, estos días coincidindo coas obras de pavimentación resulta sospeitoso tanta árbore enferma nunha cidade onde a madeira é o impulso verde”.
Os populares pregúntanse se é necesaria a tala para facer as peonalizacións do casco histórico e lembran "como grazas á presión cidadá se conseguiu preservar parte do arborado en Santo Domingo".
Os populares lamentan as intervencións pouco amables e duras que se están facendo por toda a cidade: “a humanización do goberno de Lara Méndez é sinónimo de empedrar e repavimentar”.
Non sería a primeira vez que o goberno local minte para xustificar a tala de árbores en alusión á que fixeron con nocturnidade e alevosía o verán no aparcamento da Deputación aducindo unha enfermidade forestal.