O PP pregunta polo prazo de apertura e polo modelo de xestión do auditorio de Magoi
Na comisión de economía deste luns o bipartito o PP volverá preguntar sobre os prazos de apertura do auditopriop de Magoi, no que se investiron preto de 25 millóns de euros.
"Por un lado queremos saber se as obras que se están acometendo rematarán o 2 de novembro, último prazo que se deu o bipartito logo de que se fixera un modificado do proxecto o contrato asinouse o 3 de agosto de 2023 e tiñan 3 meses, desde a súa sinatura para executalo”, din.
Tamén solicitan que se aclare, entre outros aspectos, cales son as obras que se están facendo e en que espazos.
"A demora na apertura do auditorio resulta inxustificable para os lucenses e para o tecido cultural en xeral. Os populares lembran como en periodo preelectoral traballouse de noite durante semanas no edificio coa idea de abrilo para as eleccións co estreno da capital cultural do Eixo, conclúen.