O PP pregunta polo retraso na entrega de terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón
O Grupo Municipal do PP pedirá explicacións en comisión para "saber que xestións fixo o goberno local dende que hai un ano a alcadesa se comprometera a ceder unha parcela para o novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón".
Dende o Partido Popular queren que "nos expliquen en que punto están as negociacións coa entidade bancaria propietaria dos edificios onde estaba o antigo colexio do Sagrado Corazón cuxas instalacións levan baleiras dende xuño de 2021". Os populares lembran que "o concello ofreceu 5 alternativas de terreos para permutar por estes edificios do colexio e recordan como Abanca solicitou máis información para poder avaliar esta oferta xa que o que a documentación que se lles mandou estaba incompleta".
Por esos dende o PP queren "saber que ubicacións se barallan e queremos comprobar que información se entregou para facer esta negociación polo que solicitamos acceso ao expediente completo”.