O PP presenta en Monterroso a súa proposta de equipo de Goberno
O candidato do PP á alcaldía de Monterroso, Eloy Pérez, deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañan na candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais que definiu como “un equipo de xente traballadora, preparada e comprometida con Monterroso que incorpora a persoas con experiencia na xestión para reforzar o proxecto do Partido Popular”. Así mesmo, o alcaldable indicou que “somos un equipo cohesionado e unido con ganas de traballar polo noso municipio e que garantimos a conformación dun goberno solvente e estable que goberne para todos, sen excepcións”.
Pérez subliña que “somos un equipo amplo de 21 persoas -11 titulares e 10 suplentes-, que é o máximo que permite a lexislación, de distintas zonas do municipio e vinculadas a distintos ámbitos. Todos vivimos e contribuímos a facer pobo en Monterroso e o noso obxectivo é darlle ao noso Concello un goberno forte do que tódolos monterrosinos nos sintamos orgullosos”.
O candidato popular defende que “o PP demostrou a súa capacidade de xestión, que cumpre as súas promesas electorais e que é capaz de gobernar para tódolos veciños por igual”. Incide en que “o Partido Popular é un partido con experiencia de goberno en tódalas administracións” e, segundo cre, “gobernará en todas tralas citas electorais deste ano”. Por iso, “buscamos unha maioría nas eleccións municipais para traballar por Monterroso da man dos gobernos doutras administracións para lograr facer realidade proxectos importantes para o noso concello”.
A candidatura conta con persoas con “experiencia na xestión” como é o caso de Balbino Martínez -nº2-, con experiencia en xestión de equipos como director de programas no centro penitenciario; Jessica Rodríguez -nº3-, grado superior en Administración e Finanzas e traballadora dunha importante empresa do sector do deporte na comarca; ou Rocío Díaz -nº5-, traballadora dunha asesoría e concelleira no actual mandato. Tamén conta co secretario xeral do PP de Monterroso, José Vence, no nº4 e co ex alcalde popular, Luis Pereiro, no nº 8.
A lista complétase con persoas que representan a distintos sectores e lugares do municipio como é o caso de Eloy Saa no nº6, María Felicidad Castiñeira no nº7, Emilio Núñez no nº 9, Sonia Castro no nº 10 e María José Liñares no nº 11.
O equipo do PP de Monterroso está tamén conformado por 10 suplentes -o máximo permitido- que son: Ángel Marcos Portomeñe, Mario Veiga Fraga, María Isabel Meilán, Jesús Rodríguez, Lucía Rojo, Jesús Vázquez Penas, María Fátima Cabana, Mario Armas, Vanessa Castro e José Manuel López Rodríguez.
CANDIDATURA
- Eloy Pérez Sindín. Enxeñeiro (Monterroso)
- Balbino Martínez Cordero. Director de programas no centro penitenciario (Monterroso)
- Jessica Rodríguez Méndez. Traballadora dunha importante empresa do sector do deporte na comarca (A Moreira)
- José Vence Pacior. Empresario (Guimil)
- Rocío Díaz Bao. Traballadora dunha asesoría (Monterroso)
- Eloy Saa Fernández. Empregado gandeiro afeccionado aos rallies (Monterroso)
- María Felicidad Castiñeira Rivas. Xubilada do sector gandeiro (Vilamaior)
- Luis Pereiro Vázquez. Ex alcalde (Monterroso)
- Emilio José Núñez Méndez. Empregado do sector do transporte e presidente da SD Monterroso (Monterroso)
- Sonia Castro Portomeñe. Empregada dunha empresa de limpezas (Novelúa)
- María José Liñares García. Xubilada (San Xoán de Lodoso)
Suplentes:
- Ángel Marcos Portomeñe Rivas. Gandeiro (Vilance)
- Mario Veiga Fraga. Copropietario dunha SAT gandeira (Monterroso)
- María Isabel Meilán Otero. Gandeira (Xirgal)
- Jesús Rodríguez Besteiro. Empregado taller mecánico (Ligonde)
- Lucía Rojo Berredo. Desempregada (Monterroso)
- Jesús Vázquez Penas. Empregado de hostelería (Monterroso)
- María Fátima Cabana Expósito. Desempregada (Monterroso)
- Mario Armas Peña. Xubilado (Lagar)
- Vanessa Castro Leira. Empregada (O Bispo)
- José Manuel López Rodríguez. Gandeiro (Fufín)