O PP presenta o seu propio proxecto para dotar de espazos de baño público ao Miño

LugoXa
O epicentro da proposta sitúase na contorna dos Robles, onde se iniciaría a primeira fase cunha piscina ao aire libre con elementos de xogo acuático
candia-presentacion-zonas-bano-lugo
1 Aug 2025

O Grupo Municipal Popular presentou o seu proxecto para conectar Lugo co río, mellorar os servizos e ofrecer novos espazos de lecer pensados nas persoas, dentro do seu modelo de cidade.

As actuacións están concibidas para executarse por fases no tramo comprendido entre os Robles e o complexo da UNED, sempre cunha intervención respectuosa co medio natural e co entorno do Miño.

O Partido Popular detallou o seu modelo de zonas de baño nos Robles, epicentro desta iniciativa e punto de partida das distintas fases de actuación, que inclúen, entre outras, unha piscina ao aire libre con elementos de xogo acuáticos na contorna dos Robles, recuperar a contorna do caneiro do Chapuzo como zona de baño tradicional en Lugo. A proposta inclúe a reparación do caneiro —actualmente en mal estado— e o acondicionamento do bordo do río neste tramo para que quen o desexe poida bañarse directamente no río nun espazo seguro e accesible. Esta é unha aposta por devolverlle aos lucenses un espazo de baño que forma parte da nosa memoria colectiva.

E, por último, unha zona de baño na Tolda (UNED), limpeza e acondicionamento da beira fluvial para facilitar o acceso seguro á auga, creación de aparcadoiro e novos servizos.

Esta proposta require do consenso de todas as administracións porque só sumando esforzos será posible devolverlle o río aos lucenses. Lembramos que a última vez que o PP xa propuxo crear unha zona de baño pública nos Robles, no pleno de abril, PSOE e BNG votaron en contra.

A voceira popular concluía “o PP ten un modelo para poder ter espazos de baño públicos respectuosos co medio ambiente, seguros para o desfrute dos lucenses, e que permitan aproveitar esta riqueza patrimonial”.

⚙ Configurar cookies
0.16602110862732