O PP presiona ao Concello na tramitación da cesión da parcela da nova Comisaría de Lugo

LugoXa
A voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, e o vicevoceiro e responsable da área de seguridade, Enrique Rozas, mantiveron un encontro cos representantes de todos os sindicatos policiais para facer un seguimento da situación da futura Comisaría da Policía Nacional “en aras a coñecer se hai un avance no proceso, ou para saber se foi un anuncio dun titular dun día”.
pp sindicato policia
9 Maio 2024

Dado que, dende que a alcaldesa anuncia a ubicación que elixiu para facer esta dotación e trala visita en decembro do técnicos do Ministerio do Interior, non hai novidades ao respecto da evolución deste proxecto, os populares comprometéronse a impulsar preguntas en Madrid a través dos seus representantes. Elena Candia manifestou que “os nosos deputados e senadores preguntarán se consta no expediente do proxecto da nova Comisaría da Policía Nacional o informe do servizo de arquitectura que avale a idoneidade da ubicación proposta por Paula Alvarellos.

Unha vez que teñamos o informe técnico que “confirme a conveniencia desta ubicación” esixiremos ao Concello “que cumpra coa parte que lle corresponde: a tramitación da cesión da parcela, unha xestión que ten que pasar pola aprobación do pleno e que é un paso esencial para avanzar no proxecto”. Os populares afirman que agardan que non haxa retrasos sobrevidos xa que “tendo en conta a tipoloxía e as circunstancias urbanísticas da parcela seleccionada pola alcaldía (solar do barrio de Abella, ubicado en na intersección entre a Avenida de Breogán e a rúa Orquídea) desconfiamos que sexa suficiente o espazo” e pregúntanse “se se precisaría dalgunha outra complementariedade”.

0.18164300918579