O PP de Pol prioriza a calidade das infraestruturas e a creación de emprego

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP de Pol prioriza a calidade das infraestruturas e a creación de emprego como un dos puntos máis importantes do seu programa electoral
estado estradas pol pp
26 Apr 2023

O Partido Popular de Pol, e a través da súa candidata, Nicole Grueira, prioriza a calidade das infraestruturas e a creación de emprego como un dos puntos máis importantes do seu programa electoral. Neste sentido Nicole Grueira explica: “creemos que a través dun programa centrado na creación de emprego e novas infraestruturas podemos converter a Pol nun concello motor na provincia de Lugo”.

O programa electoral dos populares, no eido infraestruturas e emprego, establécese por medio de catro puntos fundamentais que teñen como obxectivo o crecemento económico de Pol e o asentamento da poboación. “Que a xente teña a oportunidade de quedarse a vivir no noso Concello”.

A creación dun polígono industrial é o primeiro destes puntos. Para a alcaldable a instauración do polígono sería un paso máis para a entrada do sector industrial en Pol o que suporía atraer inversión e ampliar a oferta de emprego. “Ademais queremos fomentar o emprendemento para xerar máis riqueza para o concello”, di Gruiera. O segundo punto é o dos plans de formación e asesoramento a xente moza que decida emprender, co que os populares pensan que os máis novos terían máis facilidades en canto aos recursos formativos a hora de iniciar a súa traxectoria laboral e incrementar o seu talento profesional “a través de xornadas de iniciación laboral”.

Outro dos puntos son as xornadas de inserción laboral como unha ferramenta política para promover o emprego, baseado nun programa que mellore a empregabilidade de todos os grupos sociais e prestando especial atención aos diferentes colectivos en risco de exclusión social.

O último punto, no eido de arranxo de estradas, os populares plantexan un plan de arranxo completos das estradas. Neste sentido, Nicole Grueira di: “É imprescindible un arranxo completo de todas as pistas que continúan en mal estado. Este mal estado supón un prexuízo notable para os veciños na súas rutina diaria e un risco no caso de calquera emerxencia que puidera acontecer. Os veciños pagan os seus impostos para gozar de servizos básicos dignos e nós imos garantir mellores comunicacións levando a cabo un plan de asfalto e arranxo de pistas de todas as parroquias”.

0.17127108573914