O PP propón abrir as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar
O PP propón abrir as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana. Esta iniciativa que presentaron os responsables de deportes e educación, Enrique Rozas e Javier Vázquez, busca ofertar máis espazos para o desenvolvemento de actividades deportivas tanto para os clubes como para a veciñanza a título individual.
O responsable de educación Javier Vázquez explicou que o uso compartido implica que “as partes se comprometen a sufragar de maneira proporcional os gastos derivados do aumento da intensidade do uso das instalacións” matizando “o efecto dinamizador desta colaboración institucional en barrios onde non hai infraestructuras deportivas”.
O vicevoceiro popular Enrique Rozas e responsable de deportes explicou que “tendo en conta o número de clubes que hai en Lugo, e sendo conscientes de que, na actualidade, hai problemas para buscar espazos para os entrenos e as competicións cremos que se o Concello de Lugo se suma ao convenio marco da FEGAMP sobre uso de instalacións deportivas nos centros educativos se ampliaría a oferta aliviando a presión de solicitudes nas instalacións actuáis que son insuficientes para á demanda que existe”.
A idea da iniciativa que o PP presentará no pleno do 27 de xullo é ofertar un catálogo de instalacións de centros educativos fóra do horario escolar e, a maiores, se invita ao goberno local a manter xuntanzas coa veciñanza e AMPAS para impulsar iniciativas encamiñadas a promocionar o deporte entre a mocidade”.
PISTAS SAGRADO CORAZÓN
A rolda de prensa para presentar esta iniciativa tivo lugar ao carón da pista polideportiva cuberta do antigo colexio do Sagrado Corazón un espazo que quedou en desuso hai dous anos.
O PP se reclamou en reiteradas ocasións que se fixeran as negociacións oportunas coa entidade bancaria propietaria para que se abrise á veciñanza do barrio pero o goberno local fixo oídos xordos.
Os populares afirman que “ordenando os espacios públicos para a práctica deportiva municipal” e abríndose a este convenio “para utilizar fóra do horario escolar infraestructuras deportivas dos centros educativos se evitarían moitas das entradas a escondidas de rapazada que busca lugares para facer deporte”.