O PP propón flexibilizar o pagamento dos cursos de natación municipais

LugoXa
O partido pide fórmulas de pago mensuais ou fraccionadas para facilitar o acceso das familias
piscina-Frigsa-Lugo
9 Sep 2025

O Partido Popular de Lugo presentou un rogo ao Concello para que se habiliten formas de pago máis flexibles nos cursos de natación municipais.

Recentemente, o consistorio anunciou a apertura do prazo de inscrición para o próximo trimestre, pero obrigando ás familias a realizar o pago trimestral completo por adiantado.

Desde o PP alertan de que esta medida pode supoñer unha carga económica adicional, especialmente en setembro, mes no que os fogares afrontan os gastos da volta ao colexio.

Por iso, propoñen que se permita un pagamento mensual ou fraccionado, co obxectivo de que ningunha familia quede excluída e que todas as persoas poidan acceder en igualdade de condicións á práctica deportiva municipal.

⚙ Configurar cookies
0.17050790786743