O PP propón flexibilizar o pago dos cursos de natación municipais

LugoXa
Os populares reclaman fórmulas mensuais ou fraccionadas para facilitar o acceso das familias
piscina-Frigsa-Lugo
9 Sep 2025

O Partido Popular de Lugo presentou un rogo ao Concello para que se habiliten modalidades de pago máis flexibles nos cursos de natación municipais.

Recentemente, o Concello anunciara a apertura do prazo de inscrición para o vindeiro trimestre, establecendo a obrigación de que as familias abonen o importe completo de xeito trimestral por adiantado.

Desde o PP sinalan que esta medida pode supoñer unha carga adicional, especialmente no mes de setembro, cando os fogares afrontan os gastos da volta ao colexio.

Por iso, propoñen alternativas como o pagamento mensual ou fraccionado, co obxectivo de que ningunha familia quede excluída e que todas as persoas poidan acceder á práctica deportiva municipal en igualdade de condicións.

⚙ Configurar cookies
0.10551905632019