O PP propón solares sen uso na Residencia como espazos para crear novos aparcadoiros
O Partido Popular propón ao goberno local "que realice convenios con particulares para habilitar, en solares privados, novos aparcadoiros disuasorios que darían unha alternativa aos conductores que buscan prazas libres no barrio da Residencia". Os populares aseguran que “deste xeito se compensaría e se daría unha solución real á perda de prazas para aparcar por mor do trazado do carril bici que implantou o goberno do PSOE-BNG nesta zona e que suprimiu centos de prazas”.
“O que pedimos é que se negocie cos propietarios de fincas sen edificar na Residencia para que as cedan de forma temporal. O concello tería que asumir a limpeza e o mantemento destas novas zonas e se podería estudar exencións e bonificacións para os propietarios das fincas". Dende o PP indican que tamén "se podería estudar a posibilidade de alugar ou adquirir os terreos".
Entre as ubicacións posibles para instalar estes aparcamentos disuasorios están dúas bolsas de solo sen edificar: “unha finca que está a man esquerda subindo pola Rúa Pomar que daba servizo á Parrillada Antonio; tamén hai outros solares no entorno da rúa Orquídea que poderían ser outra alternativa para facilitar o aparcamento na zona”.
Os populares insisten na necesidade de habilitar novas zonas de aparcamentos públicos gratuitos na zona diante do incremento de tráfico que se prevé coa apertura dos novos servizos do Centro Integral de Saúde e insisten en que “para mellorar a mobilidade do barrio é preciso estudar un cambio do trazado do carril bici que tanto está a perxudicar á veciñanza como ao comercio da barrio”