O PP quere activar o Consello escolar Municipal

LugoXa
O PP de Lugo quere manter un “vínculo permanente” coa comunidade educativa e activar o Consello escolar Municipal
reunion pp centros educativos lugo
11 Xul 2023

O Partido Popular mantivo unha xuntanza de traballo con representantes dos equipos directivos centros de educación infantil, primaria e secundaria.

Neste encontro a voceira do Grupo Popular, Elena Candia, e o concelleiro popular Javier Vázquez fixeron unha primera toma de contacto cos representantes da comunidade educativa.

A voceira do PP anunciou que manterán “unha relación permanente durante os próximos catro anos cos equipos directivos así como coas AMPAS”. Tamén lles trasladou que teñen previsto visitar, a partir do mes de setembro de forma individual, cada un dos centros escolares “para estar ao tanto das demandas co fin de poder trasladalar ás administracións competentes os asuntos que preocupan e que lles afectan”.

Pola súa banda o concelleiro popular Javier Vázquez explicou que pedirán ao goberno local que active o Consello Escolar Municipal que no pasado mandato tan só se reuniu dúas veces, unha ao comezo e outra, en abril, un mes antes das eleccións.

“Cremos que este é o foro axeitado para expoñer, debatir e buscar solucións a problemáticas deste colectivo e tamén somos da opinión de que hai que convocalo mínimo dúas veces ao ano” aclaraba o edil responsable da área de educación.

0.20700192451477