Os populares de Lugo reclaman a Concello e Deputación medidas para protexer ao persoal de limpeza
PP pide que Concello e Deputación tomen medidas para protexer ao persoal da limpeza, "o eslabón máis débil de ambas institucións".
Antonio Ameijide aclaraba que coas iniciativas que defenderán, tanto na Deputación como no Concello, pretenden que ambas institucións impulsen os mecanismos que teñen ao seu alcance para solucionar os problemas do persoal da limpeza”.
“Tanto o Concello como a Deputación, gobernadas por PSOE e BNG, teñen ferramentas para garantir os dereitos e mellorar as súas condición salariais e sociais” indicando como unha posible solución “a negociación de convenios colectivos propios”.
Esta fórmula funciona noutras administracións como por exemplo no servizo de limpeza do edificio administrativo Xunta; nas dependencias do Sergas ou nas da Universidade.
O concelleiro e voceiro da Deputación Provincial, Antonio Ameijide, e a concelleira Mar Carballas reflexionaron sobre o "cinismo político dos que se autodefinen comogobernos progresistas".
Lamentaron tamén a “escasa sensibilidade de PSOE e BNG, coas persoas afectadas que traballan na limpeza de dependencias e edificios municipais e provincias sublimando que se trata dun sector feminizado no que o 95% do persoal son mulleres”.
"No concello de Lugo a empresa que presta este servizo ten o contrato caducado dende fai anos e se paga con reparos de legalidade as facturas, aclarando que o novo contrato está pendente de valoración de ofertas”, din.
Por este motivo dende o PP instan a que “se aproveite o proceso en marcha de contratación vixente do servizo de limpeza de centros, dependencias e coelxios do Concello de Lugo, iniciado en marzo deste ano, para corrixir e cambiar as condicións dos pregos da adxudicación”.
“Cremos que é o momento de esixir ao futuro adxudicatario mellores condicións para estes traballadores” engadindo que “o feito de que se esté prestando o servizo da limpeza das dependencias municipais cun contrato caducado supón unha rebaixa da capacidade fiscalizadora”, engaden.
A popular Mar Carballas tamén pregúntase "que foi da promesa da alcaldesa das cláusulas de calidade nos contratos públicos municipais que anunciou en 2016 para conseguir unha maior xustiza laboral, ética ou ambiental : Todo apunta a que esta instrución foi unha declaración de intencións e quedou en papel mollado”.