O PP reclama ao Concello que faga de forma subsidiaria a cuberta dunha casa

LugoXa
O grupo popular fixo pública a súa petición de que o Concello execute de forma subsidiaria a cuberta dun edificio da Avenida da Coruña
casa sen cuberta avenida coruna
6 Xul 2023

Os populares explican que as persoas que residen neste inmoble viven nunhas condicións insalubres indicando que esta situación tamén afecta aos bloques de vivendas colindantes que presentan humidades e advirten do risco de desprendementos de cascotes cara a vía pública.

O grupo municipal popular fixo pública a súa petición de que o Concello execute de forma subsidiaria a cuberta dun edificio da Avenida da Coruña que leva dúas décadas sen ela.

Dende o PP manifestan a súa preocupación polo "pasotismo" do goberno diante deste caso “se ben os problemas de filtracións empezaron no ano 2000, a situación agravouse en marzo de 2022 en vez de reparar a cuberta para solucionar os problemas de filtracións de auga a retiraban por completo”.

Segundo explican, as persoas que residían no segundo andar víronse obrigadas a abandonar o seu fogar, e no primerio as condicións son paupérrimas con desconchados e humidades en todos os cuartos convertido este espazo nun lugar insalubre e inhabitable.

A situación na que está este inmoble ademáis de afectar ás persoas que viven no edificio, está a supor un risco para os peóns polos desprendementos de cascallos á vía pública poñendo en perigo a peóns e vehículos.

O concelleiro popular Antonio Ameijide considera que o goberno local non está actuando con contundencia xa que “a pesar dos sucesivos requerimentos a administración local, limitouse a impoñer multas coercitivas para cubrir o expediente sen dar unha solución ás familias afectadas”.

Por este motivo o Grupo Popular presentará un rogo para que o Concello execute de forma subsidiaria a cuberta do número 24 dun inmoble da Avenida de A Coruña.

Hai que ter en conta que este edificio o tellado e o dereito de voo pertence aos donos do terceiro andar por iso non pode actuar a comunidade e así figura na escritura.

A administración municipal pode e debe acudir á execución subsidiaria tal e como se contempla na lexislación vixente para dar cumprimento e garantir o deber dos propietarios de conservación das súas propiedades, xa que o Concello, entre as suas competencias, debe velar para que as edificacións cumpran unhas mínimas condicións de seguridad, salubridade, estética, etc.

0.22381496429443