O PP reclama a reparación inmediata da marquesiña de Magoi

O PP de Lugo volveu denunciar o estado da marquesiña do bus urbano situada na Avenida de Magoi, entre a rúa Valiño e Afonso X O Sabio, que leva case un ano fóra de uso tras un accidente.
A estrutura continúa inclinada, non se pode empregar e constitúe un perigo evidente nun punto con moito tránsito peonil, a carón dun supermercado.
O Grupo Popular explicou que rexistrou un rogo en comisión solicitando a súa reparación ou substitución inmediata. Critican que unha incidencia tan simple permaneza meses sen atención e sosteñen que Lugo merece un mantemento digno fronte ao que consideran unha deixadez constante na xestión diaria.
Os populares subliñan que non están a pedir nada extraordinario, senón que se garantan as infraestruturas mínimas dun servizo público esencial para a veciñanza.