O PP reclama ao Concello que non estea no sistema VioGén contra a violencia de xénero
O Partido Popular solicitou o amparo do Foro de Igualdade para que faga entrar en razón e lle poña as pilas ao goberno local para que se adhiera o máis axiña posible ao Sistema de VioXén. A concelleira popular Macamen López Silva trasladou hoxe esta petición logo de que na última comisión de cohesión a concelleira responsable de área, en contestación a unhas preguntas do Grupo Popular, se disculpase de non ter feito este “primeiro foi a pandemia e logo argumentaron que necesitaban formar á policía” matizando que “é hora de que se deixen de evasivas para darnos largas”. López Silva lembra que “pasaron dous anos dende que se aprobou en pleno adherirse a este programa co que os seus argumentos carecen de rigor e son pouco cribles”.
Para o Grupo Municipal do PP entrar no VioGén sería a mellor forma de celebrar o 25 de novembro. “É moi importante visibilizar esta problemática pero ainda é moito máis interesante dotar de ferramentas de apoio ás afectadas” matizou a popular.
López Silva tamén lembrou que “este pasotismo da administración local repítese con outra ferramenta de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista que funciona a nivel autonómico. Trátase da Rede de Municipios Contra a Violencia de Xénero e á que, neste momento, están adheridos 218 concellos galegos”.