O PP reclama nunha campaña publicitaria a apertura do auditorio

LugoXa
Os carteis están na rotonda das inmediacións da pasarela do Anxo Carro e na rotonda de Benigno Rivera
cartel-campana-publicitaria-pp-auditorio
16 Sep 2024

Os lucenses que pasen pola rotonda das inmediacións da pasarela do Anxo Carro e pola rotonda de Benigno Rivera, no polígono do Ceao atoparán durante os próximos días unhas vallas publicitarias con imaxes do exterior e interior do Auditorio de Magoi.

Este soporte, "cunha mensaxe clara e permanente, servirá para lembrarlle ao goberno local a urxencia de abrir esta dotación cultural", así o explicou o Partido Popular de Lugo.

O obxectivo é poñer de relevo que "dende que a alcaldesa recibiu as chaves desta dotación, hai catro anos e tres meses, os lucenses seguimos sen poder disfrutar deste auditorio".

Con esta nova acción o PP quere reivindicar "esta débeda histórica que PSOE e BNG teñen pendente coa cidadanía de Lugo".

0.18452095985413