O PP reclama planes de seguridade para barrios con problemas de orde público
O Partido Popular de Lugo reclama unha xunta local de seguridade para deseñar planes específicos para barrios con problemas de orden público. Os populares consideran que o compromiso do Concello nesta cuestión debe ser algo permanente lamentando que “os dispositivos de vixilancia e os reforzos que se prometeron en campaña electoral en barrios como o da Milagrosa fóran accións puntuais”.
No PP, "á vista dos altercados que se veñen rexistrando nas últimas semanas en Lugo", queren que se convoque unha xunta local de seguridade específica que aborde medidas que garantan a seguridade en diferentes zonas da cidade e que se coordinen os distintos corpos de seguridade para que haxa maior presenza policial na rúa.
“Non se trata de montar dispositivos e reforzar a seguridade só durante o período electoral como fixo o bipartito. Hai que manter ese compromiso con Lugo de forma permanente.
O vicevoceiro popular razoaba “ao igual que se convoca a xunta local de seguridade para organizar o Caudal Fest, o San Froilán ou calquera outro evento que requira planes específicos non entendemos porque non se traballa de forma estable cando falamos do día a día dos barrios”.
Os últimos altercados e pelexas na rúa rexistrados foron na rúa Luis Pintor Seoane ou Amor Meilán onde debido “ao peche provisional dalgún local conflictivo na zona da Milagrosa se trasladou esta problemática a outros puntos do barrio e isto, xunto coas okupacións dalgúns inmobles, segue a provocar unha sensación de inseguridade entre a cidadanía do barrio”.
Enrique Rozas concluía “os concellos, como administracións máis próximas ao cidadán, debe liderar e dar respostas claras e contundentes ás accións que poñen en risco a convivencia” e nese senso presentamos esta petición.